Vigo e a súa contorna teñen unha notable presenza na fita. A praia do Tombo do Gato é o escenario da recreación da infancia da autora homenaxeada que narra a actriz Maika Aguado e está interpretada por alumnas de Imaxinatea Labcreativo; e a praia de Barra serve de punto de encontro de Penélope e Circe
A compañía de distribución repartirá gratuitamente 30.000 exemplares de «Lenzos, as letras en cor», un caderno baseado nos libros «Morgana en Esmelle» e «Circe ou o pracer do azul», onde a xornalista e escritora Begoña Caamaño revive os mitos para darlles novas lecturas, máis abertas e contemporáneas