CONCHA PINO
A ENTREVISTA
Carlos Magán, secretario técnico da Real Filharmonía de Galicia A música «é unha cuestión de talento, e na Real Filharmonía hai moito». Se esta condición se engade á xuventude dos intérpretes, Carlos Magan (Cuntis, 1967), o secretario técnico, non dubida en afirmar que a orquesta compostela «é aberta de mente e demostra ter a versatilidade que necesita unha formación musical moderna para dominar un repertorio variado e innovar». Peza clave na nova etapa da Filharmonía, asegura que coñecer ó noco director, Antoni a Ros Marbá «foi determinante para aceptar o posto».