TEMA Xosé Neira Vilas

Últimos artículos publicados

17 may 2002

Máis pulos para a lingua desde Deza e Tabeirós

As comarcas celebraron onte varios actos para lembrar esta data e ó homenaxeado Frei Martín Sarmiento As comarcas de Deza, Tabeirós e Terra de Montes non se esqueceron de celebrar o día das Letras Galegas e sumáronse ós numerosas actividades que en toda Galicia se celebran por este motivos. Actos institucionais e de colectivos déronlle un pulo máis a lingua e homenaxearon a Frei Martín Sarmiento no día de onte. Algúns aínda seguirán durante esta fin de semana. Este é o caso dos actos organizados en Merza por varios colectivos para o vindeiro domingo pola tarde con música, literatura e teatro.

REDACCIÓN

07 may 2002

A asociación Monte Branco consolida un xeito propio de celebrar o Día das Letras

O monte Branco non foi soamente fonte de inspiración para o bardo Pondal. Tamén o foi para un grupo de veciños da aldea do Couto (Ponteceso) que hai 20 anos decidiron darlle forma ó seu compromiso coa cultura galega. Arredor do 17 de maio xurdiu un dos movementos máis intensos de cantos se desenvolven na Comunidade, lonxe dos grandes actos académicos, pero moi preto das letras e das artes, dos autores e dos artesáns que traballan na comarca de Bergantiños e que serán protagonistas do 12 ó 19 deste mes.

REDACCIÓN