TEMA Xosé Neira Vilas

Últimos artículos publicados

01 dic 2001

«O lapis do carpinteiro» convértese no libro da literatura en galego máis traducido

A novela de Manuel Rivas leva vendidos 55.000 exemplares e pódese ler en linguas como o xaponés A historia de Daniel da Barca e Marisa Mallo traspasa fronteiras. O libro de maior éxito de Manuel Rivas, «O lapis do carpinteiro», vén de ser traducida ó xaponés, o que o converte na obra literaria en galego que se pode ler en máis idiomas. Castelán, catalán, noruego, holandés, turco, italiano ou inglés son algunhas das linguas nas que xa está editado o libro de maior éxito do escritor galego. Todo un fito de vendas, a novela xa despachou 55.000 exemplares. O seu autor recollerá ademais en Bruxelas o prestixioso premio literario de Amnistía Internacional, que lle será entregado o día 9 deste mes.

REDACCIÓN

16 nov 2001

A Academia volve a debater hoxe os posibles cambios na normativa do galego

Na mesma xornada Neira Vilas toma posesión como académico e vótase a entrada como numerarios de Díaz Fierros e Camilo Gonsar Os membros da Real Academia Galega teñen hoxe unha longa xornada. Na orde do día está, de novo, o debate sobre os posibles cambios para acadar unha única normativa do galego, a toma de posesión de Xosé Neira Vilas, a votación para nomear dous novos numerarios da Academia: Camilo González Suárez-Llanos (Sarria, 1931), escritor coñecido como Camilo Gonsar, e Francisco Díaz Fierros (Vilagarcía, 1941), catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola. Tamén serán nomeados varios membros correspondentes. Henrique Monteagudo analiza neste traballo o contido e significado da posible reforma da normativa do galego.

10 nov 2001

Neiras Vilas: «A Academia, o himno e a bandeira galega naceron na emigración»

O discurso de ingreso como académico do autor de «Memorias dun neno labrego» tratará da actividade cultural de Bos Aires nos anos 50 «Volta pra terra, emigrante,...». A chamada da cantiga ía para o outro lado do mar, terras alleas de América que acolleron a milleiros de galegos; terras estrañas onde sonou por primeira vez o himno de Pascual Veiga; terras de ventos que facían ondear a que logo sería a bandeira de Galicia; terras cultas nas que naceu a Real Academia Galega. Agora é tempo de retornos e por iso volveu a partitura do himno e volveron as xentes, como Xosé Neira Vilas, un emigrante que vivíu a «época dourada» da cultura galega en Bos Aires, alá polos anos cincuenta, algo do que falará no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega.

RODRI GARCÍA

22 sep 2001

A Asociación de Escritores louva a «tensión» poética de Luz Pozo

A poeta foi homenaxeada en Ribadeo como proba de recoñecemento a súa «enerxía cósmica» Luz Pozo recibiu onte o premio que recoñece a súa calidade literaria. A Asociación de Escritores en Lingua Galega premiouna pola súa «tensión» creadora, da que xorde, en palabras de Miguel Anxo Fernán Vello, un «verso revelado para a eternidade», cheo de «elegancia e sensibilidade». A escritora foi homenaxeada por intelectuais e veciños en Ribadeo, a súa vila natal, coa plantación dunha camelia e o descubrimento dunha escultura na súa honra e dunha céntrica rúa que leva o seu nome.

21 sep 2001

Intelectuales de toda Galicia se reúnen en Ribadeo para homenajear a Luz Pozo Garza

La Asociación de Escritores en Lingua Galega premia a la escritora por su «conciencia ética da beleza» Ribadeo se viste de fiesta. La fiesta se construye con palabras, pues está dedicada a una escritora y organizada por compañeros de profesión y de pasión. Escritores de toda Galicia acuden a Ribadeo para sumarse al homenaje a Luz Pozo Garza. La poeta es la gran protagonista del día, pues desde hoy dará nombre a una calle de su villa natal, en la que se también se descubrirá una escultura y se plantará un árbol en su honor. La Asociación de Escritores en Lingua Galega, entidad promotora de los actos, pretende así premiar su «conciencia ética da beleza». El Concello se suma con satisfacción a los actos en honor a una de sus figuras culturales.

02 ago 2001

Atasco de libros en Méndez Núñez

Las cincuenta casetas de la feria ofrecen miles de ejemplares de todos los precios Miles de libros al alcance de la mirada de los que paseen por los jardines de Méndez Núñez. Cincuenta casetas repletas de literatura de los más variados géneros. Durante diez días la cultura se sitúa a pie de calle para el disfrute de los aficionados y de los curiosos poco iniciados en las letras. El dinero no supone ningún problema ya que hay precios para todos los gustos, desde las cien pesetas hasta libros firmados con varios ceros. Una cita ineludible para niños y mayores, coruñeses y foráneos.

A. ESCUDERO / M. C. LÓPEZ

21 jul 2001

Laxeiro, maxia artística sempre viva

O Concello de Lalín, pintores, escritores, familiares e políticos homenaxearon ó artista no Quinto Cabodano do seu Pasamento Na lembranza de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro, «un home que non morre aínda que o teñamos soterrado en Botos», como lle escribíu Neira Vilas. Artistas, escritores, políticos e familiares achegáronse onte, Quinto Cabodano do Pasamento do xenial pintor lalinense, ata a súa tumba no cemiterio de A Romea. A maxia de Laxeiro rexurdiu. Con máis forza, se cabe.

RAQUEL TORRES

27 jun 2001

Castelao inspira un documental

PRE-ESTRENO El escritor y dibujante de Rianxo es el protagonista del primer largometraje gallego de este género

REDACCIÓN