Os regueifeiros serán homenaxeados na festa anual de O Couto, que acada a súa maioría de idade A Festa das Letras de O Couto (Ponteceso) acada este ano a súa maioría de idade. Nunha data tan sinalada, a asociación Monte Branco rende homenaxe á cultura popular e moi especialmente á figura do regueifeiro, que terá unha placa na Casa dos Veciños, xunto ás de Uxío Novoneyra, o colectivo Brais Pinto, Xosé Neira Vilas ou Bernardino Graña. Entre outras novidades, este ano levarase a cabo o programa paralelo dos Encontros de Normalización, que incrementan as sedes da celebración coa inclusión da casa do Concello de Ponteceso. Ademais, o día 19 sairá «O tren das lendas», conducido por Xelucho Abella.
REDACCIÓN