Entrevista | Miguel Vila Pernas O autor do Valadouro gañou o premio Álvaro Cunqueiro de gastronomía
14 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Cuba, onde naceu, e O Valadouro onde se criu, son dous nomes propios na biografía de Miguel Vila, xornalista apaixoado pola música tradicional cubana e a cociña galega que o venres recolle o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, que lle dan polo seu libro «A cociña do Merlín». -Xa é o segundo que gaña. -Sí, e o ano próximo penso repetir _bromea_co libro que está a punto de sair á rúa en Xerais e se titula «A cociña do Antroido e San Xoán». Este ano presenteime en tres categoríass e tiña esperanza de gañar en dúas pero non puido ser. -¿Qué aprendeu no Merlín? -Cunqueiro ten fama de que inventaba a metade do que escribía e descubrín que no Merlín todo o que conta referido á parte culinaria é real; é moi local, Cunqueiro fala do que comía na súa casa, do que se comía en Mondoñedo polos anos 50. -Déame un prato. -As chanfainas, pasei moitos anos sen comelas e volvín probalas gracias a un carniceiro de Mondoñedo que vende na praza de Ferreira. É unha pena que se perdan estes productos tradicionais. -Súas tías , as pisonas de Ferreira, facían as mellores colinetas do mundo. ¿Por eso chama así á súa web? -Sí. Foi por sentimentalismo puro e duro. A colineta faise en moitas partes, pero as delas eran de 11, tan boas que moita xente as tiña como producto típico do Valadouro. Cando se xubilou ela deu a receta a moita xente, pero hai truco, a temperatura do forno. Eu iba moitas veces ó Empalme (o sitio onde vivía a tía) a axudarlles por aprender cómo se facían os doces. Cando se xubilou miña tía ainda seguía empeñada en que eu seguira co negocio.