A Dirección Xeral para o Deporte subvenciona con máis de 60.000 euros a 25 clubes e asociacións
A MARIÑA
A Dirección Xeral para o Deporte financia agrupacións deportivas escolares e clubs deportivos. No caso mariñano, destinará un total de 63.286 euros, repartidos entre 25 entidades
O club que recibirá unha maior aportación é o Burela FS con 22.875 euros. Para o Porto Celeiro FS irán 9.037,5 euros, a SD Burela recibirá 3.843 euros, o Viveiro CF percibirá 3.636 e o Celtas de Foz 3.204.
Xa por debaixo dos 3.000 euros atópanse o Club de Piragüismo de Viveiro (2.556), o Club Balonmán Viveiro (1.926), o Club Kayak Foz (1.521), o Natación Xove e o CD Foz (1.503 cada un), a AD San Roque de Viveiro (1.296), o Club Baloncesto Burela (1.125), o Club Baloncesto Xove (1.098) e o Club de Bolos xovense (1.080).
As outras once entidades mariñanas percibirán menos de 1.000 euros. Trátase das asociacións e clubs SD Cangas, Concello de Trabada FS, Superti-A Pontenova, Sociedade Deportiva Ourol, Escolas Deportivas A Mariña Oriental, Sociedade Deportiva Ribadeo, Asociación Club Baloncesto Mondoñedo CB, SD Cervo-Sargadelos, Ribadeo FC, Sporting A Pontenova e ADC Zeppelin-San Román.