«Se somos os máis votados esixiremos a responsabilidade política con Ribadeo que tivemos nós neste mandato»
14 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Manuel Valín regresa ao primeiro plano da política, tras varios anos afastado dela, como candidato do Partido Popular. O obxectivo que declara é claro: gañar as eleccións, con maioría absoluta ou no peor dos casos sendo a lista máis votada. Se é así, Valín pensa que podería gobernar en minoría: ?Nese caso esixiremos aos demais a mesma responsabilidade política con Ribadeo e cos ribadenses, e o mesmo exercicio de lealdade democrática que fixemos nós neste mandato, para que nos deixen gobernar en minoría?, di.
-Así pois, non pensa nun posible pacto con UPRI.
-Nós só pensamos na maioría absoluta, e senón en gobernar en minoría, como fixo o BNG nestes últimos catro anos.
-Vese con opcións de ser, como mínimo, o partido máis votado.
-Ata fai pouco fómolo sempre.
-¿E que sensacións ten?
-Pola resposta que estamos obtendo da xente, tanto no casco urbano como nas parroquias, penso que é moi posible que o PP gañe as eleccións.
-¿Será un resultado axustado?
-O xogo está moi repartido. O PP non gañou as últimas eleccións por cento e pico de votos. Eu fun elixido candidato en setembro. Levamos dende entón traballando e agora temos mellores expectativas.
-¿Cree que lle pode pasar factura a idea que transmiten UPRI e PSOE dun pacto de goberno PP-BNG neste mandato?
-Eles divulgan un bulo para tratar de obter réditos electorais, pero nin eles mesmos creen que houbo ese pacto.
-¿Por que votar a Manuel Valín?
-Porque temos o aval do feito en oito anos de goberno, de como xestionamos e facemos as cousas. E tamén porque temos o respaldo da Xunta para levar adiante o noso programa, con expectativas de que o PP tamén goberne dentro de pouco na provincia e a nivel estatal. Iso será bo para conseguir cousas para Ribadeo, como fixemos cando gobernamos.
-¿Qué será o primeiro que faga se resulta elixido alcalde?
-Quero coñecer cal é realmente a situación económica do Concello, para a partir de aí, tomar as medidas oportunas. Tamén imos pelexar pola residencia da terceira idade, por consolidar a Ribadeo como centro comercial e económico e prestarémoslle unha atención prioritaria á zona rural, entre outras cousas.
manuel valín valdés candidato polo pp en Ribadeo
Non me gusta o sufrimento da xente
A favor
Respecto calquera situación
O mesmo que na anterior pregunta
Cada un que faga o que queira
Unha alternativa posible
Aposto pola vida sana e que cada un poña o listón onde queira
En contra
Estou en contra de todas as ditaduras
Si, pero con normas
Paella de verduras
Caracois
Mencía
A tónica
Os lagostinos
O bacallau
Tostadas con aceite de oliva e café con leite no Cantón
Na casa
Atlético Madrid e Ribadeo F.C.
Corro 8 quilómetros todos os días
García Márquez
El amor en los tiempos de cólera
Alguien voló sobre el nido del cuco
O pintor Sotomayor
Paul Newman
Demi Moore
Joan Manuel Serrat
De cantautor
Citroën C4
Gustaríame ir a Rusia, a Moscú e a San Petersburgo