«O monte é, coa crise, unha hucha para o propietario»

M. G. B. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

O colectivo viveirense promove a creación dunha cooperativa que teña ámbito comarcal

12 mar 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Manuel Galdo presidente da asociación de produtores de madeira de Viveiro, promavi

Promavi aposta pola creación dunha cooperativa comarcal que dea saída á súa madeira. O presidente, Manuel Galdo, di que obxectivo futuro é «poñer a madeira directamente na fábrica». Mentras tanto, «o monte é, coa crise, unha hucha para o propietario», asegura.

-¿Por que apostan por unha cooperativa de ámbito comarcal?

-Primeiro foi a asociación, pero íasenos quedando un pouco curta para o que queremos. Nosoutros como asociación queremos facer contratos marco, pero non temos poder de firmar contratos con empresas. Nós firmamos contratos por exemplo con Ence, pero despois tén que haber contratos individuais cos propietariso. Hai empresas, sobre todo que están fóra do mercado nacional que se negan a negociar coas asociacións. Queren facelo con outra empresa. Asi queremos ter poder de negociación. Despois, cando a cooperativa avance poderanse facer labouras que agora non facemos, como as de corta, transporte...facelas directamente.

-É dicir, eliminar intermediarios.

-Controlar nosoutros eses intermediarios, e que a cooperativa que promove Promavi Viveiro poña a madeira na fábrica do comprador. Ese é o fin último pero eso non se vai conseguir en seis meses. E despois todos os tratamentos de silvicultura, de plantacións ...

-¿Que os leva a pensar nunha cooperativa na Mariña?

-Viveiro é unha asociación duns 310 socios aproximadamente, que entendemos que ese volumen pode ampliarse. O que nos demandaron foi estar cerca o máximo posible as tomas de decisión da cooperativa. Non é ir en contra de Promagal, é que a maioría dos socios non quixeron meterse nunha cooperativa a nivel galego, e temos que adaptarnos ao que se quere, ir cara a esa maneira de pensar. Na cooperativa poden estar os socios e todas as persoas interesadas ainda que non sexan socios de Viveiro, e xente doutros concellos. Entendemos que hai moita oferta en concellos limítrofes, como pode ser Ourol, Xove, Valadouro e Cervo, por dicir algúns, e eso sería un ámbito xeográfico lóxico de traballo desta cooperativa.

-Fáleme de tempos.

-Temos que facer os estatutos adaptados ao que queremos. Convocaremos unha reunión para presentalos á xente interesada en facerse socios da cooperativa, e nesa reunión contamos conseguir o capital mínimo que son 3.000 euros. Unha vez feito, hai que mandalos á Xunta. Non debe pasar de tres meses o proceso.

-A xente coa crise volve a exprimir monte.

-Na Mariña córtanse aproximadamente un millón de toneladas ao ano. É un volume de cartos en mans dos propietarios, porque o minifundio ten o inconvinte de que ás veces os montes é complicado traballalos, pero tamén tén a vantaxe de que chega a moita xente. Ese millón de toneladas afortunadamente está moi repartido, é un volume de ingresos para bastante xente, unha hucha que nestes tempos de crise está sendo o único sector que non se veu afectado por agora, e eso é certamente importante.