1969, a peña O Lar na Feira de Monterroso

SUSO FERNÁNDEZ CRONISTA OFICIAL DE FOZ

A MARIÑA

04 nov 2014 . Actualizado a las 13:40 h.

O1- 11- 69, hai xusto 45 anos, a peña O Lar foise a Monterroso para asistir á soada feira de Santos. A viaxe, no coche de Chús, non lembramos as horas que levou? Na ?baca? ían unhas bañeiras de sardiñas coas que convidar ós feirantes; material do que era responsable un persoeiro singular: Manolín, ?o Gitano da Espiñeira?. Na parte posterior do autocar penduraba un salvavidas e debaixo un grande letreiro: ?A peña O Lar-Foz, saúda a Monterroso?. Ó día seguinte o xornal, noticiaba: ?A las 12,30 del día llegó a Monterroso la peña focense ?O Lar?, despertando la consiguiente expectación. Esta animada peña acudía con el producto más original: las sardinas. Más tarde, en la ?eira? de una casa de campo improvisaron un hogar donde prepararon una suculenta ?sardiñada?, acompañada de pan de Mellid y regada con buen tinto de la tierra?. ?Por si los monterrosinos necesitaban salvar su vida en el día de Santos, aparecieron los de Foz con su salvavidas y, sobre todo con sus sardinas, pues ellos saben que la carne, sin un entrante de pescado, es indigesta?.

Pouco tardaron en devolver a visita e por xullo chegou á nosa vila, fletando un autocar, a peña ?A Ulla?, cun cargamento de productos do porco. O autocar que os trasladaba lucía na traseira un cartel de grandes caracteres: ?A Ulla saúda ao Lar / o pernil aos mexilóns; / a vila de Monterroso / saúda á vila de Foz!?. Os tertulianos do Lar andaban afanados en xuntar cartos para instalar a calefacción ó Asilo e os excursionistas deixaran un xeneroso donativo, fixando a norma de intercambio anual que se cumpriu ata que a aparición de colesterois, ácidos úricos, hipertensións, e demais, comezaron a facer estragos na tropa que, paseniño, foi abandonando ata a disolución; pode decirse, polo tanto, que a saborosa xuntanza periódica finou ?por prescripción facultativa??. Naqueles encontros, de feliz recordación, endexamais faltaban, no amplo repertorio, dúas cantigas: ? Se vìrades o que eu vin,/ ¡ai, na feira de Monterroso!: /vinche 5 xastres xuntos/¡ai!, dacabalo dun raposo...!?, e a mariñeira ? O mais enxebre de Foz / é a pena da Rapadoira / o viño da cas Remixia/ e as nenas da Corredoira...? Son episodios para a nostalxia.