«O valor do noso» e un acto cultural á antiga usanza

HERMINIA PERNAS HISTORIADORA

A MARIÑA

O acto na escola de San Román.
O acto na escola de San Román. p. losada< / span>

13 ene 2015 . Actualizado a las 13:54 h.

Dicía unha veciña miña cada vez que lle mandaban traballar no que a ela lle gustaba, ?para min isto non é traballo senón un pracer?. Gustoume moito a frase, que pode aplicarse perfectamente a toda esa ?inmensa minoría? de xente que disfruta facendo o seu traballo e que aínda despois de facelo ?ou antes- depende, saca tempo para participar e/ou apoiar proxectos culturais que como mínimo, adoitan facernos a vida máis agradable. Pois ben, o noso querido Paco Piñeiro é unha desas persoas a quen, con xustiza, pode aplicárselle esta frase. (Ben sabemos que non é o traballo o que nos queima senón o Sistema).

Para min tamén é un pracer ser compañeira súa porque moito levo aprendido ao seu carón (e o que aínda me falta), no sentido pedagóxico e como non, tamén no persoal; por iso cando me contou o seu último proxecto pensei que esa obra que estaba por escribirse e que agora temos entre mans, non puidera atopar mellor autor.

A parroquia de San Román de Vilaestrofe era merecente dun estudo desta índole por varias causas:

En primeiro lugar, porque é de sobras coñecida a súa estreita vinculación coa emigración mariñá a Ultramar. Unha proba disto é que de todas as parroquias de Cervo era esta a que contaba cun maior número de terras en propiedade que foran mercadas coas remesas procedentes da emigración.

En segundo lugar, por ser berce non só de ?americanos? senón tamén de indianos: catro para todo o Concello dos que dous lle corresponderon a San Román: José Álvarez (1866-1948), Manuel Candia (1850-Bos Aires, 1930), José María Fernández Montenegro (Lieiro, 1860-Bos Aires ca. 1920), Emilio Rodríguez Eijo (Cuiña, 1916-Jujuy, ignórase a data).

A débeda pode dicirse, que queda saldada.

Finalmente pero non por iso menos importante, está o papel que xogan as distintas institucións ou entidades públicas e privadas, aquí representadas pola Deputación de Lugo, o Concello de Cervo e a Comunidade de Montes en Man común, interesándose polos estudos locais, que como ben se indica, son de ámbito reducido pero sen a súa existencia sería imposible coñecer procesos semellantes en ámbitos máis amplos, é dicir serven de base para a perspectiva macro da Historia. É moi loable pois, a súa labor patrocinadora.

E xa como apreciación persoal, debemos congratularnos todos da existencia deste acto, que ademais da súa faceta entrañable de congregar á veciñanza en torno ao ?valor do noso?, posúe outra de carácter cultural á antiga usanza, entendéndose por este termo, aqueles actos que tiñan lugar antes da fatídica data de 2008, data de comezo da crise que vimos padecendo e da que tamén resultou moi prexudicada a cultura e a intelectualidade; pois ben, o acto de hoxe, ben completo de actividades, é quizás unha proba de que, aos poucos, nos imos recuperando, e ata recuperamos tamén o vello costume da degustación gastronómica como peche do programa.