«Ao primeiro sorprendíame que tiraran máis á carne que ao peixe»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Dende os 14 anos leva no mundo da hostalería e uns 20 no Restaurante La Paz, en Viveiro

15 ene 2015 . Actualizado a las 13:00 h.

É verdade que veñen cociñeiros novos pisando forte, xeracións de profesionais que no seu día acadarán a veteranía entre fogóns que agora atesora Domingo Alló (Santiago, 1966) a punto dos 50 anos pero dende os 14 con sobrada experiencia hosteleira.

-¿Empezou sendo adolescente por aquelo de «ou estudas ou traballas»... na hostalería?

-Un pouco si. De feito comecei no bar de miña tía. Estaba un día si, outro non, e era o máis fácil que había naquel momento. Pero logo estudei no Castiñeiriño en Compostela. Daquela era a única escola de hostalería que había en Galicia e viñan de Madrid, León, etc... a prepararse.

-Moito mudaron os tempos. Hoxe pola televisión parece que case todos os nenos queren ser cociñeiros de maiores, ¿non cre?

-Daquela ser cociñeiro non era nada e non é como amosa a tele.

Sobre ese tema, penso que hai bastante de espectáculo porque o día a día non é así. É bastante axetreado, preparar menús, carnes, peixes... según vaia o día anterior toca preparar o do seguinte.

-Recén vimos do Nadal. ¿Como foi finalmente para o sector?

-Nós non tivemos queixa. Nos mantivemos coma estes anos, pero non é a alegría doutros anos. Tamén é verdade que pensamos que ía ser peor. Falan da costa de xaneiro, pero non é un mes tan malo. Quizáis son peores febreiro ou marzo, máis ben.

-¿Co 2015 chegan novidades?

-De momento non, aínda que estamos pensando pratos para as fins de semana, especiais, para sair da rutina.

-Voltando aos inicios, ¿como acabou en La Paz?

-De rebote. Aquí levo 20 anos. Casara cun familiar dun primo do xefe e faláranlle de min, que daquela estaba en Santiago no Hotel Los Tilos. Fóranme buscar. Nin a muller me comentara nada.

-¿Algo que lle sorprendera dos costumes culinarios da zona?

-Si, que tendo o porto ao lado a xente en xeneral aquí tirara máis á carne que ao peixe. En La Paz o que máis sae é o rape, o mero e a pescada. De feito, vén moito madrileño preguntando pola do pincho de Celeiro. Hoxe en día chegan moi informados. En carnes, sobre todo gusta o solomillo de tenreira galega e o boi.

ENTRE FOGóns domingo alló, COCIÑEIRO de la paz en covas (viveiro)