
Desde Vancouver, o focense David Val Val confesa que lle propuxeron contar nun libro a súa viaxe polo mundo
07 may 2017 . Actualizado a las 21:33 h.En Vancouver (Canadá) e pendente do visado para Estados Unidos, o focense David Val continúa a súa viaxe arredor do mundo acompañado da súa bici Quiscolina. O pasado xuño iniciou unha aventura na que empregará dous anos nos que percorrerá 46.000 quilómetros. Aínda que a espera polo visado (requerido tras visitar Irán) lle xera certa desesperación, David afronta a situación en positivo: «Asi practico máis inglés».
-¿Tivo algún accidente ou precisou asistencia médica nalgún momento?
-Só tiven un accidente na fronteira de India a Bangladesh ao caer tras rozar cun deses vehículos extraños que usan para mercancías. Só raspei un codo e a xente levoume a un colexio a pé para usar o botiquín, e despois a un centro médico. Deixeime poñer unha inxección polas infeccións, pero dábame medo a reacción. O espello da bicicleta axuda a evitar accidentes.
-Dos que leva visitado, ¿que país lle sorprendeu máis?
-Irán sorprende a todolos viaxeiros. Agora que estou co trámite do visado a USA espero que non me oia o presidente. Nese país moita xente non se define como musulmán e añora tempos de liberdade. O máis bonito é que saúdan sempre e nada máis parar, ou en marcha, xa te están chamando para invitarte a un té ou a comer con eles nos típicos picnics que fan.
-¿Algunha anécdota ou algún episodio que nunca olvidará?
-Non deixo de lembrar o encontro cunha cobra. Foi en Tailandia, sentado nunhas escaleiras. Oín ruido de follas secas e ao mirar estaba casi tocándome. Saltei do susto e ela púxose de pé sacando a lingua. Empecei a grabala e ao pouco saltou hacia min. Non pasou nada e, segundo me explicaron, non me pasaría nada porque só atacan se están en perigo. En Tailandia xa estivera a punto de pisar outra.
-¿Vai cumprindo os prazos da viaxe ou leva retraso?
-Os prazos da viaxe cambiaron ás veces. Tiven que voar de Bangladesh a Singapur porque Myanmar estaba perigoso. E o salto a América adianteino porque o visado chino estase complicando e ademais asi evitei máis quilómetros por estradas conflitivas e uns cantos dólares. Agora poido visitar o Gran Cañón e demais antes do verán, se consigo o visado claro. A viaxe seguirá rematando o verán do 2018.
-¿Como valora que moitos dos seus veciños fagan un seguimento case diario e a través das redes da súa viaxe?
-Desde que saiu a noticia da viaxe en La Voz tiven que voltar a usar o Facebook. Cáseque todolos días agrego a alguén novo. A xente pórtase de marabilla dándome ánimos e felicitándome pola viaxe. Procuro compartir canto poido usando Facebook, o blog e outras redes sociais. É case como un traballo, de día pedaleando e, ao parar, actualizar todo, buscar información, contactos futuros para hospedarme...
-¿Ten en mente escribir un libro sobre esta aventura?
-O do libro xa mo propoñen seguido. Non o tiña pensado antes de saír, pero algo xa barruntei. O que tamén penso facer é charlas nos colexios. De feito, teño aberta aínda a proposta de videoconferencia cos centros educativos.
-¿Como consegue que xente que non coñece de nada lle abra as portas das súas casas para dárlle a vostede aloxamento?
-Eu hospédome en casas, non uso hoteis nin nada parecido. É unha viaxe nómada. Estou coñecendo xente moi interesante que vive e traballa na casa facendo o que lle gusta e cunha forma de vida sana e responsable coa comunidade e o medioambiente. Isto é o que busco, non son un turista. Hai dúas opcións, Warm Showers, que é unha rede social de particulares coma min que hospedan a viaxeiros en bici e que saben o que necesito e ofrecen un trato moi familiar, e o outro é preguntando nas casas se poido acampar no xardín. Ás veces acabo dentro ceando e durmindo. Créase unha relación especial porque é algo excepcional para eles. En Asia simplemente entraba nos pobos e a xente, como é curiosa, viña e pouco a pouco xurdía o convite. Pero a difícil comunicación supoñía un problema e era agotador. Ademais, sempre estaba rodeado por moitos ollos observando todo o que facía.
Un episodio para non esquencer. «Non deixo de lembrar o encontro cunha cobra. Foi en Tailandia»
Varios continentes. Desde Foz a Francia, Os
Balcáns, Turquía, Irán,
Pakistán, India, Camboia, Hong Kong, Vancouver... A viaxe continuará por USA,
Sudamérica...