«Os delitos baixaron un 14% este ano e os roubos un 13% con respecto ó 2016»

La Voz

A MARIÑA

12 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

-A seguridade si que preocupa ós cidadáns. Barreiros ou Ribadeo son municipios moi expostos.

-Loxicamente, as poboacións máis afectadas pola delincuencia son as maiores: Burela, Foz, Ribadeo e Barreiros. Neste último non hai moita poboación, pero si que ten moita segunda vivenda e moi diseminada.

-¿Por que cree que a zona máis afectada é A Mariña Oriental?

-É unha zona de paso, onde están as vías de comunicación, A A-8, as antigas carreteiras nacionais. Son os puntos onde máis tránsito se rexistra, con mellores accesos e aparte é onde se ubica o sector servizos. No obstante, non é preocupante o índice de delincuencia.

-Hai anos que se fala de si se pechan ou non cuarteis ¿Como está isto?

-Están estudando a materia. Ten pouco sentido ter cuarteis con catro ou cinco homes, que non son operativos, cando concentrados daríase o mesmo servizo, ou mellor quizais, para dar o mesmo mellor deixalo como está. Pero todo isto está en estudio porque hai que conxugar moitísimas cousas.

-¿Como xefe cal é o aspecto que lle preocupa máis?

-A delincuencia é un dos aspectos que debemos procurar mellorar para tratar de erradicar da sociedade ese sentimento de inseguridade que tampouco se corresponde coa realidade. Eu estivera na Comandancia da Coruña prestando servizos e nin punto de comparación.

-Aquí vivimos tranquilos. ¿Non?

-Eu penso que si, de feito, a delincuencia baixou. Teño a estatística de xaneiro-xullo de este ano. Os delitos baixaron un -14.6% este ano. E os que máis chaman a alarma social, os roubos, baixaron un 13% neste período con respecto ó ano 2016.

-¿Hai anos que a zona era un punto de descargas de droga importante. ¿Como está agora?

-Agora mesmo está tranquilo. No tema de drogas fanse de vez en cando servizos para desmantelar puntos de venta. Aquí hai menudeo, aquelas épocas de alixos, actualmente non temos coñecemento de que haxa ese problema.

-¿Están en obras? O edificio, hai anos que dá problemas.

-Si, aquí temos bastantes problemas coa instalación de auga, quedou mal e a medida que vai pasando o tempo as cañarías van rebentando por todos lados. Adoita haber empresas contratadas na Comandancia e cando hai algún problema pasámoslle aviso á Comandancia para que veñan reparar; solen tardar pouco en reparar. Agora están acondicionando os garaxes, Tráfico especialmente. A inversión é da Dirección General de Tráfico.

-¿E o parque móbil?

-O parque móbil é bastante extenso; hai dez postos, dúas patrullas de Seprona en Ribadeo e Xove e equipos de policía xudicial e equipo de investigación da compañía, que usan vehículos camuflados. Temos 20 todoterreo, 15 turismos, seis motocicletas todoterreo catro mamparas, dous vehículos e unha furgoneta camuflados e outro máis que é do equipo de investigación. É dunha intervención que se fixo e se solicitou ó xulgado, e dous remolques. E en Tráfico creo que teñen dez vehículos e seis motocicletas. Agora estase renovando o parque con bastante frecuencia En xeral, están bastante ben (...).