Oportunidade para ver o Coro da Mariña este sábado no Teatro de Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

A actuación está prevista ás 20.30 horas

05 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado será unha boa oportunidade para ver ao Coro da Mariña en concerto no Teatro de Ribadeo. A cita está prevista para as 20.30 horas e a entrada, moi económica, custa tres euros.

O Coro da Mariña foi creado, impulsado por Ugía Pedreira e Pierrot Rougier. A focense Ugía Pedreira, cantante, escritora, promoveu esta formación hai uns anos, e teñen como sede habitual a escola vella de Rinlo.

O Coro da Mariña leva a impronta de Ugía Pedreira e P. Rougier, sempre á vangarda das propostas musicais. Este pasado domingo visitounos Henrique Peón, con anterioridade fixeron o propio outros nomes da música.