Cervo dedicará unha semana á prevención de incendios, dirixida á comunidade escolar da Mariña
CERVO / LA VOZ
A MARIÑA
Será no Pavillón da Veiga, en San Ciprián, o 24, 25 e 26 de setembro.
13 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Cervo será, por segundo ano consecutivo, escenario da Semana de Prevención de Incendios que terá lugar no Pavillón da Veiga, en San Ciprián, o 24, 25 e 26 de setembro.
Trátase dunha actividade didáctica aberta a todo o público pero dirixida fundamentalmente ao alumnado dos colexios do municipio e de toda a comarca da
Mariña, co obxectivo de que «aprendan a identificar os riscos que poden presentarse na súa contorna e adquiran os coñecementos necesarios para poder actuar en caso de emerxencia», tal e como apuntou o rexedor, Alfonso Villares. A iniciativa está promovida en colaboración coa Fundación Mapfre, a Asociación de Técnicos de Bombeiros (APTB), e con Alcoa.