Galaxia presenta este xoves a obra «Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina», do focense Xosé Ramón Veiga
FOZ / LA VOZ
A MARIÑA

O acto será na Academia Galega de Belas Artes, na Coruña
11 ene 2023 . Actualizado a las 19:12 h.A Editorial Galaxia confirmou para este xoves, 12 de xaneiro, ás 20 horas e na Real Academia Galega de Belas Artes na Coruña, a presentación da obra «Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872)», da que é autor o focense Xosé Ramón Veiga Alonso, profesor de Historia na USC.
A actividade é promovida pola Cátedra Juana de Vega no marco do 150 aniversario e no acto, acompañando ao autor, estarán Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.