El talismán del PSOE está en Foz, O Chícaro: «Os que pasaron por aquí foron presidentes»

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Reabre ahora en verano este clásico de la hostelería focense, un templo del socialismo:  ahí estuvieron también Guerra, Rubalcaba, Besteiro, Elena Espinosa, Altares y muchos más

27 abr 2024 . Actualizado a las 20:44 h.

O Chícaro es un clásico de la hostelería de Foz. Pero es mucho más que un bar-restaurante. Es un icono de los socialistas, una visita obligada para cualquier líder del PSOE que pase por la comarca. Las fotos que cuelgan de sus paredes dan cuenta de ello: Felipe González, Zapatero, Pedro Sánchez, Alfonso Guerra, Rubalcaba, Besteiro, Elena Espinosa, Altares, César Mogo... Detrás se halla un clásico de socialismo focense y mariñano, José Ramón Villarino Neira, «Jamones», quien estuvo al frente de O Chícaro desde su fundación durante 36 años (ahora lo regenta su esposa, Ana María Rodríguez, que abre solo en verano).

«Andiven navegando, na mariña mercante por todo o mundo, Canadá, O Caribe, Os Grandes Lagos... Deixeino en 1986 e abrimos o bar. Na miña casa, a casa de Placeres, sempre foron socialistas, dende a clandestinidade. Mina nai ía nas listas do PSOE, no número 13, e cando morrer púxenme eu. Pero nunca en postos de saída, para ser concelleiro. Sempre nun segundo plano», explica José Ramón Villarino. Y siempre, también, ayudando y ocupando un puesto en las ejecutivas locales: «Menos dous anos, cando houbo o follón con Pepe (Rivera, ex alcalde) e Cancio». Pero al punto recalca: «Pero eu son amigos de todos. Son militante do PSOE, non da persoa que estea en cada momento».

«Cando Pepe estaba de alcalde, Foz era o único concello gobernado polo PSOE na Mariña. Viñera por aquí Chaves (entonces presidente de la comunidad autónoma de Andalucía), para asistir á voda do fillo de Griñán (también expresidente de Andalucía, que veraneaba en Barreiros). E ese foi o comezo de facer colgar as fotos no Chícaro. A partir de aí viñeron todos: Zapatero, Touriño e Pedro Sánchez foron presidentes despois de pasar polo Chícaro. Felipe non, xa o fora antes. Por iso todos querían vir por aquí», dice José Ramón Villarino, entre risas.

Precisamente es la foto con Felipe González por la que tiene una predilección especial: «Felipe coñecía a miña nai. Cando veu ao concello de Foz démonos un abrazo. Había pouco que morrera miña nai e eu estaba emocionado. Díxome que lle dera un abrazo moi grande a miña nai. Expliqueille que non podía, que morrera facía pouco. Foi moi emocionante».

Socialista «ata que morra», su simpatía declarada no le resta clientes: «Cando entra no bar algún do PP, dirá: onde me metín! Algún me mira raro, pero a xente de Foz respectoume sempre. Eu teño boa relación con todos, co PP, co BNG, o que pasa é que cada un ten as súas ideas. Estas son as miñas e todo o mundo sabe de que pe coxeo».

Y en tanto, seguirá colgando fotos: «Cando ven algún cargo do PSOE, por suposto. O pasado verán estivo por aquí o ministro de Asuntos Exteriores, Albares, e dixo que sentía orgullo porque a súa foto tamén colgara das paredes do Chícaro».

Con su experiencia, Jamones opina que «Felipe foi o máis político, Zapatero o máis social, moi bo presidente, e Pedro Sánchez o máis intelixente. Estaba morto e resucitou tres veces. E agora vai volver a gañar, ou cando menos a seguir gobernando. Estano dando por morto e non está tan morto. Xa se verá».

También opina sobre la crisis que vivió el PSOE focense, con el cisma entre Pepe Rivera y Xaime Cancio: «Pepe fixo a cousa máis grande: unir ao PSOE de Foz, e gobernou con maiorías absolutas, solo, rodeado polo PP. Cancio era bo home, pero por problemas internos a cousa acabou mal. Pepe é un amigo de toda a vida. Eu seguín sempre na mesma liña: no PSOE. E agora tamén, con Fran Cajoto, axudando na executiva. Así, ata que morra».