15 millones para modernizar la carretera de Viveiro hacia Vilalba, acortando tiempos y mejorando la seguridad
A MARIÑA

Ahora mismo hay un 73% de tramo en sentido Lugo en que está prohibido adelantar y un 83% en sentido Viveiro; la Xunta aprobó el proyecto este jueves en el Consello
25 ene 2024 . Actualizado a las 17:42 h.El Consello de la Xunta aprobó este jueves el proyecto de trazado para mejorar la capacidad y la seguridad de la carretera LU-540, entre Viveiro y Cabreiros, que supondrá un presupuesto de 15 millones de euros.
«O Goberno galego tamén autorizou o expediente correspondente aos trámites de información pública e o informe das administracións afectadas pola execución desta intervención», informan.
Y explican: «Trátase de acondicionar a estrada LU-540, ao longo de 35 quilómetros, que se levará a cabo en dúas fases, prevendo licitar as obras da primeira fase nas vindeiras semanas. Actualmente, o treito interurbano da estrada, a partir do punto quilométrico 5, pasado Landrove, presenta unha alta porcentaxe de prohibición de adiantamento, dun 73% en sentido Lugo e dun 83% en sentido Viveiro, con curvas de radio reducido».
«Co proxecto que se aproba reduciranse os tempos de percorrido mediante a implantación de carrís adicionais de adiantamento en rampla naqueles treitos nos que a pendente supere o 3%, e ampliando a capacidade. Ademais, rectificaranse as curvas máis complicadas, ampliando os radios, de modo que todo o trazado permita circular a 90 km/hora».
La primera fase de este proyecto, «cun orzamento de 7,88 millóns, desenvolverase no treito comprendido entre os puntos quilométricos 5+000 e 20+090, ao paso polos municipios de Viveiro e Ourol. Esta intervención consistirá no aumento da capacidade da vía en sentido Viveiro-Lugo mediante a implantación dun carril adicional para vehículos rápidos e incluirá un cambio de sentido na marxe esquerda do punto quilométrico 6+000. Neste treito inicial, tamén se realizará unha mellora do trazado entre os quilómetros 5 e 8, pasando dun radio mínimo de 70 metros a un de 120 metros», explican.
«Tamén se procederá, arredor do punto 10+300, á mellora da intersección, en ambas as marxes, pasando de estar enfrontadas a aumentar a distancia entre elas, para habilitar carrís centrais para as dúas. Na contorna do punto quilométrico 14+000, disporase un carril adicional de adiantamento e mellorarase a intersección que dá acceso ao núcleo de Ourol».
Sobre la segunda fase del proyecto señalan: «No que se refire á segunda fase do proxecto, os traballos acometeranse entre os puntos quilométricos 20+090 e o 39+520, nos concellos de Muras e Xermade. Neste treito, as actuacións centraranse no aumento da capacidade da vía nalgúns treitos en rampla, mediante a incorporación dun carril adicional para vehículos rápidos, reducindo a distancia entre os treitos de adiantamento contiguos. Tamén se reforzará o firme ao longo dos 35 quilómetros de actuación e melloraranse as principais interseccións existentes, dotándoas de maior visibilidade, e carrís centrais de espera para todos os xiros á esquerda».