Pablo Castro, adestrador do Adamo Celtas de Foz: «Xogar esta fase para subir a Nacional ten tanto ou máis mérito que o ascenso do ano pasado»

Francisco Palmeiro

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

En poucos meses, o seu equipo pasou da categoría máis baixa do baloncesto galego a meterse na promoción de ascenso a Primeira Nacional

31 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

En poucos meses, o Adamo Celtas de Foz pasou de militar na división máis humilde do baloncesto galego a gañar a licenza para soñar cun ascenso a Primeira Nacional. «O mérito é cen por cen deste marabilloso grupo de chicas», destaca o adestrador Pablo Castro Rodríguez (Foz, 1981) tras a vitoria por 73-67 contra o Xiria no Torques de Marzán, que confirmou o cuarto posto das mariñanas na fase inicial, con nove partidos gañados e cinco perdidos, e lles dá un lugar na promoción. O sábado (16 horas) recibirán ao Básquet Coruña Leyma no inicio dunha liguiña de dúas voltas que compartirán con outros sete candidatos; só os catro mellores xogarán a final four que definirá os dous equipos que merecen ascender.

—Como foi ese partido final da fase?

—Complicado, cun rival moi difícil que tivo un acerto impresionante nas triplas. Sacámolo adiante por personalidade, orgullo, raza... Xogando diante da nosa afección é máis fácil.

—Valíalles incluso perder por catro puntos. Iso deulles tranquilidade?

—Tíñamos esa marxe, pequena pero moi importante, pero fomos pola vitoria e lográmola. Sabíamos que sería un partido igualado, elas xogábanse o mesmo ca nós, pero logramos unha vitoria moi importante noso, tanto ou máis que o ascenso da tempada pasada.

—Que valor dan a esta clasificación?

—É un logro ao que se lle debe dar un valor enorme. Somos un equipo recén ascendido, comezamos a liga como a empezamos, xogando contra equipos cun potencial tremendo... Meternos nesta fase entre os catro primeiros do grupo ten un enorme mérito. Significa que xa aseguramos a categoría matematicamente, indiferentemente do que ocorra na seguinte fase na que estaremos entre os oito mellores equipos de Galicia na categoría.

—A que cre que se debe este éxito?

—Este grupo de xogadoras é unha marabilla. Teñen algo especial que é moi difícil de explicar. Son unhas chicas marabillosas, traballan moi ben, desfrutan xogando e o mérito cen por cen delas. Meréceno todo. Nós estaremos aí para axudarlles porque o merecen todo. 

Cecilia de Jorge firmou 25 puntos e Nuria Bermúdez, outros 17 no partido decisivo co Xiria

O traballo coral de todo o equipo, arroupado por unha afección entregada no Pavillón Torques de Marzán, máis os 25 puntos de Cecilia de Jorge e 17 de Nuria Bermúdez decantaron un encontro durísimo, que chegou con empate a 53 aos seus últimos dez minutos, fronte ao Básquet Coruña Xiria (73-67).

Parciais por cuartos: 19-18, 20-18 (39-36 ao descanso), 14-17 e 20-14.

Polo conxunto Adamo Celtas de Foz xogaron e anotaron: Carla Gallo (1), Paula Rodríguez (3), Kesia Galdo, Cristina Paz (3), Fátima Vázquez (4), Nuria Bermúdez (17), Carmen Alonso (6), Rosalía Rodríguez (4), Sara Pedreira (3), Carla Díaz (7) e Cecilia de Jorge (25).

Baxi Ferrol, Solgaleo Bosco Salesianos, Allariz, Costa Ártabra, Básquet Coruña Leyma (fronte ao que debuta este sábado ás 16 horas en Marzán), Codigalco Carmelitas Ourense e Porriño Baloncesto Base serán os novos inimigos das guerreiras do conxunto mariñán durante unha segunda fase que se prolongará ata a fin de semana do 19 de maio, cando se determine que cadro escadras xogarán a definitiva final four de Primeira Autonómica.

El Viveiro Asesores cayó en Ferrol

El Viveiro Asesores despidió la primera fase en la Primera Autonómica con una clara derrota por 85-61 en su visita al Costa Ártabra Ferrol. El conjunto mariñano visitará el domingo (17 horas) al Seis do Nadal-Coia en el inicio de la fase de permanencia, tras ser penúltimo en la liguilla inicial con dos victorias y diez derrotas.

«Un inicio muy fuerte con cuatro triples» y el «alto ritmo» de los locales, que les proporcionó «canastas fáciles y muchos robos» hicieron que al descanso ya tuviese una desventaja de 26 puntos un conjunto mariñano con las importantes bajas de Fabián Castro y Pablo Martínez.

Luis Vicente Fernández Prieto, no obstante, aplaudió el desempeño de sus hombres en una segunda mitad donde llegaron a situarse a 13 puntos, pero se vieron perjudicados por el rasero arbitral y el desgaste físico en el último cuarto.

«Afrontamos con optimismo la segunda fase. No deberíamos tener problemas para conservar la categoría, pero hay que jugar», avanzó.

Parciales por cuartos: 29-17, 24-10 (53-27 al descanso), 12-23 y 20-11.

Jugaron y anotaron: José Franco (14), Carlos Bris (7), Mario Rubal (5), Vicente Piñón, Sebas Franco (20), Luis López, Nicanor Peña (11) e Ismaila Diatta (4).

El Celtas Megabyte tumbó al líder

«Foi un partidazo. Estou encantadísimo polo que significa», destacó Alberto Méndez tras la victoria de su Celtas Megabyte de Foz frente al líder de la Segunda Autonómica masculina, el Institutos de Compostela Xunta de Galicia (82-76).

«Supón que atamos matematicamente un posto entre os catro primeiros, o que vale xogar a fase de ascenso e asegurar a permanencia, que seguimos invictos en Marzán e que logramos vencer ao equipo que ía primeiro, é claro candidato a subir e seguía invicto», desarrolló el entrenador focense, que aplaudió la «garra e solidez defensiva» de sus hombres, especialmente en una segunda mitad que comenzaron perdiendo 36-43.

«Xa estiveramos a punto de gañarlles na súa cancha, pero perdemos na prórroga», recordó Méndez, el líder de un conjunto que marcha segundo con diez victorias y solo cinco derrotas en esta primera fase.

Parciales por cuartos: 22-18, 14-25 (36-43 al descanso), 22-18 y 24-15.

Jugaron y anotaron: Daniel Lastra (4), Manuel Moinelo (6), Ángel Cao (19), Hugo Cobas (14), Andrés Pérez (7), Javier Yáñez (3), Johanny Vasquez (6), Daniel Yánez (9), Brais Paz (14), Ángel Vizoso, Álvaro Ben y Ramón Fernández.