Letras Galegas en Mondoñedo: concerto homenaxe a García Lorca este venres

y. garcia MONDOÑEDO \ LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

16 may 2024 . Actualizado a las 17:25 h.

Un concerto homenaxe a García Lorca terá lugar o mesmo Día das Letras Galegas no auditorio municipal Pascual Veiga de Mondoñedo. Este venres 17, ás 20.30. O evento foi presentado polo seu impulsor, Rafa Fernández, máis o concelleiro de Cultura, Alberto García, esta semana. Trátase dunha actuación de 60 minutos de duración denominada Seis polo número de poemas que Lorca escribira en galego, suliñando que «o mellor poeta contemporáneo e un dos mais grande poetas da lingua castelá de todos os tempos, escollese o idioma galego para facer a única incursión poética nunha lingua allea, nun tempo no que o galego provocaba indiferenza no mellor dos casos». Música en directo e videocreación, explicou, «crearán unha atmosfera onírica e suxerente mentres a obra de Lorca é recitada». Acompañarán ao guitarrista eléctrico e compositor, Lara Dopazo na voz, Adriana Páramo en videocreación e Virxilio Da Silva en guitarra eléctrica