O Seminario de Estudos do Valadouro presentará ó sábado 27 o seu novo caderno, con 18 relatos de Isaac Ferreira

A MARIÑA

O acto terá lugar na Casa de Cultura de Ferreira ás 20.00 horas e será presentado por Lionel Rexes
24 jul 2024 . Actualizado a las 20:13 h.A Cada de Cultura do Valadouro acollerá este sábado, 27 de xullo, ás 20.00 horas, a presentación do novo caderno do Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), que leva por título «A Casa Grande». A publicación recolle unha colección de dezaoito relatos escritos por Isaac Pérez Blanco, máis coñecido como Isaac Ferreira. «Teñen unha altísima calidade literaria e veñen a enriquecer a serie de cadernos que desde o inicio do colectivo publica o SEVA». destacan desde o seminario que preside Eduardo Fernández Galán.


Isaac Ferreira é un autor que no seu nome literario emprega o da súa vila natal, e que ten participado como coautor en publicacións históricas como Contos do Valadouro, Arqueoloxía do Valadouro ou o extenso traballo Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico do Valadouro.
Por outra banda, Ferreira foi durante anos director da Revista de Teatro Casahamlet, unha publicación histórica centrada na dramaturxia, onde se deron a coñecer os actuais valores do ámbito da literatura dramática, e onde el mesmo deu a coñecer «magníficas pezas da súa autoría», subliñan desde o SEVA. O acto do sábado será presentado por Lionel Rexes.