
A mobilización da CIG terá lugar días despois de seren despedidos varios empregados da fábrica cervense
27 abr 2025 . Actualizado a las 11:51 h.O vindeiro 1º. de Maio unha das manifestacións que se celebrarán na comarca da Mariña será desde a fábrica cervense de Sargadelos. A CIG convoca a mobilización que partirá ás 12.00 horas desde a factoría.
Baixo o lema «Traballo, dereitos, sobería. Galiza contras a guerras» desenvolverase a manifestación no Día Internacional da Clase Obreira. De seguido, os asistentes reuniranse para compartir unha comida no restaurante O Pedregal de San Cibrao, para a que é preciso inscribirse previamente.
Esta vindeira convocatoria coincide nun momento de incertidume para la plantilla da planta de produción de Sargadelos. O venres pasado trascenderon tres despidos. Sucede semanas despois de que a dirección decidira pechar temporalmente a produción alegando non poder acometer en prazo reformas esixidas por Inspección de Traballo na súa última revisión, e xustificando o seu proceder para velar pola saúde dos seus traballadores.