
Boa tarde a todos e a todas.
Como xa comuniquei o pasado 21 de abril hoxe presento a miña dimisión como concelleira do Concello de Viveiro e poño a miña acta á disposición do meu partido. A decisión de presentar a miña dimisión responde a un feito persoal illado que acabou sometido a valoracións e xuízos por parte de persoas alleas aos feitos, sen implicación nin coñecemento real do sucedido.
Non me sinto orgullosa da situación vivida, pero si comprometida coa responsabilidade que implica o cargo que exerzo. Por iso, e por coherencia persoal, tomo esta decisión libremente, sen aceptar presións nin asumir versións que non me representan.
Antes de nada quero empezar agradecendo en primeiro lugar a María Loureiro García, que sempre será a primeira alcaldesa da historia da nosa vila, por contar comigo para o seu proxecto e revalidar a súa confianza na miña persoa durante todos estes anos. Anos nos que houbo acertos, éxitos e tamén desacertos ou fracasos, que non deixaron de ser momentos para aprender e seguir loitando man á man polo proxecto común que nos unía por Viveiro.
Grazas, María.
Agradecer a todas e todos os meus compañeiros, tanto do meu propio partido como do resto dos partidos aquí representados porque de todos e de todas vós aprendin algo. Grazas polo voso compromiso e esforzo para facer de viveiro un lugar mellor.
Grazas infinitas á miña familia, por permitirme conciliar por deixarme desenrolar esta faceta da miña vida que tanto tempo e implicación precisan. Sen eles non houbese sido posible que eu poidese traballar para os veciños e veciñas de Viveiro sen ter en ningun mandato unha soa dedicación.
Agradecer sobre todo aos meus fillos, Martina e Tiago, por entender e respetar a miña paixón cando esto supoñía roubarlle tempo e bos momentos a miña familia.
E como non, grazas a todas as persoas que nalgun momento me votaron, que confiaron e min e que me deron a oportunidade de ser concelleira, grazas. Tamén a todos e todas os que me acompañástedes estes anos en cada acto, en cada obra, en cada festividade, en cada actividade programada por algunha das áreas que eu representaba.
Foi un pracer enorme e un honor poder ser concelleira do meu pobo, pobo o que levo e levarei en todo momento por bandeira e polo que seguiréi traballando sempre que poida.
E dito isto, agora si: quero denunciar publicamente ás políticas de linchamento e desprestixio que estamos a sufrir da man de partidos políticos de dereitas de ultradereitas e outros.
Políticas que perseguen como único fin chegar ó poder cortando cabezas, desmembrando partidos e silenciando aquelas voces e a aquelas persoas que con traballo e luz propia poden facer zozobrar as súas politicas baseadas no estrangulamento institucional, nas mentiras propagandísticas, na privatización, no desleixamento e abandono á sanidade e a educación, no retroceso en dereitos fundamentais, no negacionismo en materia de feminismo, nos recortes, na falta de apoio aos pensionistas e un largo etc.
Estratexias politícas que se prestan a utilizar determinados espazos mediáticos afíns a ideoloxías de ultradereita como ferramenta de desgaste publico, que alentados por voces interesadas preferiron recorrer o ataque persoal antes que ao debate politico. O meu caso é un claro exemplo do poder que teñen, cando un feito de este calado pasa de ser unha noticia local a un xuízo nacional.
Pero esta situación non vai a silenciarme. A política non só se exerce dende unha concellería, senón tamén dende o compromiso persoal, e seguirei defendendo os valores nos que creo onde sexa necesario. Seguirei traballando en pro das políticas progresistas, que defenden a verdade e as liberdades persoais, políticas plurais que loitan polos seus ideais e que saben que o único xeito de cambiar o mundo e practicando políticas que pensen en todos e cando digo todos, son todas, todas e todes… e un largo etc.
O dano feito a min e aos meus fillos reparareino como me ensinaron a vivir a min, sen rencor e dende o amor. Explicareilles que non lle teman á política, que estas cousas pasan cando o contrincante xoga sucio, e non sempre é asi. as persoas que apoian este tipo de partidos e as súas prácticas e que lles dan paso en concellos e institucións direilles que por moitas infraestructuras e obras que se fagan se os pilares fundamentais da sociedade que son os valores, o respeto e a educación son transgredidos constantemente, mal pobo lles deixamos aos que veñen detráis.
E para ir concluindo non podo marchar sen recordar a un gran alcalde, que foi inspiración para moitos e moitas de nós, Melchor Roel Rivas. Alcalde que sacou a viveiro do hormigón, as deudas astronómicas e do ostracismo político. Para posicionar a Viveiro no mapa internacional coa sua Semana Santa ou co Resurrection fest.
Mentres nas intitucións que dependen do partido popular taponaban administrativamente a este goberno, fomos capaces de seguir traballando con presupostos moi axustados para que Viveiro non quedase atrás e caera no esquecemento, sen axudas como si as tiveron Cervo e Mondoñedo, por exemplo e agora Ribadeo.
O novo goberno debe esixirselles responsabilidade e consecución de promesas, porque de declaración de intencións e fotos xa estamos fartos. A oposición, honestidade, fiscalización e responsabilidade, pero sobre todo sede constructivos. A imaxe de Viveiro tamén se resinte cada vez que un responsable politico cuestiona a beleza, os recursos, o patrimonio ou o comercio do que dispoñemos.
Despídome hoxe aquí como concelleira pero non como ser político, porque quen ten ideais persegue unha forma de vivir non so para acadar proxeccióm pública senón para acadar beneficios para a comunidade. A frase coa que pecharei esta etapa da miña vida será: «o mellor orgullo é ser diferente a quen causou o dano».
Grazas e a traballar por Viveiro.