Mecanismo Teatro representará o espectáculo «Parad@s» o sábado 21 no Teatro das Cortes, no Vicedo

A MARIÑA

O proxecto cultural que impulsa Volta e Dálle prepara un novo Sábado Teatreiro
20 jun 2025 . Actualizado a las 17:46 h.A compañía Mecanismo Teatro representará o espectáculo «Parad@s» este sábado, 21 de xuño, no Teatro das Cortes, no lugar do Xestoso, na parroquia de Cabanas, no Vicedo. A asociación cultural Volta e Dálle prepara un novo Sábado Teatreiro que dará comezo ás 19.30 horas con «Retrincos teatrais de títeres subversivos», a cargo de Trécola Producións. Unha hora despois, ás 20.30 horas, subirá ás táboas Mecanismo Teatro.
A entrada é de balde, e colaboran RTA (servizo integral de artes escénicas) e Bodeguilla de San Lázaro.