El Concello de Trabada denuncia a una empresa a la que acusa de talar árboles por tercera vez sin autorización en una masa común municipal
A MARIÑA

«Esta actuación non foi autorizada e desde o concello imos actuar con firmeza para defender o que é de todos os veciños», afirma el alcalde, Rubén García
03 jul 2025 . Actualizado a las 16:38 h.El Concello de Trabada informa que denunció a una empresa a la que acusa de haber talado árboles de una plantación municipal por tercera vez y sin autorización. «O Concello de Trabada vén de presentar este mércores unha nova denuncia ante as autoridades competentes pola corta dunha masa común municipal, realizada por unha empresa forestal do propio municipio», indica el concello en un comunicado.
«Esta actuación non foi autorizada e afecta a unha parcela de titularidade pública, o que motivou que desde o Concello se actúe con firmeza para defender o que é de todos os veciños e veciñas de Trabada. Trátase da terceira denuncia presentada nos últimos meses por feitos similares, tras detectarse anteriormente dúas cortas máis en terreos municipais sen contar cos permisos necesarios», añaden.
«Ata o de agora, estas irregularidades non foran feitas públicas, mais desde o goberno municipal considérase que esta reiteración dos feitos por parte da empresa require xa dunha actuación firme e contundente», señala el alcalde de Trabada, Rubén García, y expone que «desde o Concello non imos consentir que ningunha empresa, sexa de onde sexa, se apropie do que é público nin actúe ao marxe da legalidade».
«O noso compromiso é coa defensa do patrimonio común e co interese xeral da veciñanza. A nosa obriga é protexer o que é de todos e actuar cando se producen este tipo de feitos que consideramos moi graves. Desde o Concello de Trabada lembramos que as masas comúns e os bens públicos son responsabilidade de toda a comunidade, polo que calquera actuación sobre eles debe estar debidamente autorizada e respectar os procedementos establecidos», concluye.