Foz organiza un campamento nocturno para jóvenes de 12 a 16 años

La Voz

A MARIÑA

CEDIDA

Lo organiza el concello y será los próximos días 30 al 2 de agosto

24 jul 2025 . Actualizado a las 09:25 h.

El Concello de Foz organiza un campamento nocturno para jóvenes de 12 a 16 años. Será desde el día 30 al 2 de agosto. «O Concello de Foz -explican- continúa coa súa axenda de actividades culturais e deportivas. Estes días no Campo da Cabana os deslizadores acuáticos son os protagonistas, que se poden desfrutar en horario de 11.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 ata o vindeiro xoves. Unha novidade deste verán en Foz vai ser o seu campamento nocturno, que se levará a cabo os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto. A actividade está orientada para rapazas e rapaces entre 12 e 16 anos».

Indican que o «campamento comezará o mércores 30 de xullo ás 17.00 horas e rematará o venres 1 de agosto ás 19.00. Instalarase na Obra Pía de Fazouro, a onde deberán dirixirse os participantes o primeiro día e ser recollidos ao finalizar a actividade. Durante os días do campamento serán moitas as iniciativas que se realizarán, coma actividades deportivas, festa da escuma, contos de medo e outras».

El concejal de Xuventude, Ángel Fernández Neira, añade que «a maioría de actividades realizaranse no entorno da Obra Pía, unha área recreativa cerca da Ponte de Ferro, con conexión co paseo do Río Ouro e a praia da Pampillosa. Temos unhas parroquias fermosas e as actividades municipais deben realizarse aproveitando os recursos cos que conta o municipio, polo que non hai entorno mellor. A actividade é gratuíta para os participantes, financiada polo Concello de Foz e as prazas son limitadas. A inscripción pode realizarse no correo electrónico xuventude@concellodefoz.es ou fisicamente na Casa da Xuventude, na rúa Julia Minguillón, 7, ata o luns 28 ás 13.00 horas. Pódense consultar todos os datos da actividade na web do concello ou a través do teléfono 982.133.037».