Loita Amada presenta con Nuno Pico, de Grande Amore, «A Nada», o seu novo tema e videoclip

A MARIÑA

Pódese visualizar xa en redes sociais e plataformas en rede
11 ago 2025 . Actualizado a las 12:34 h.A banda estradense Loita Amada, da que forma parte a trombonista viveirense Xiana Naval Chaves, vén de presentar o tema e o videoclip de A Nada, segundo adianto do que será o terceiro traballo discográfico da formación que lidera Jasper, ex líder de Nao. Colabora neste proxecto o tamén mariñán Nuno Pico (Frexulfe, O Valadouro, 1995), de Grande Amore.
«Cando se dixo todo e nada cambia, cando a estrutura do poder parece inquebrantable e as palabras están baleiras só queda espazo para a acción. Loita Amada ata as botas para criticar o poder e as súas estruturas», destacan.