Xove celebrará o domingo 24 a Feira de Gando do San Bartolo

Lucía Rey
Lucía Rey XOVE / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >Membros da directiva da Comunidade de Montes Veciñais Costa de Laxamoura co alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura e Gandeiría, Dolores Meitín, na presentación do programa da feira</span>
Membros da directiva da Comunidade de Montes Veciñais Costa de Laxamoura co alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura e Gandeiría, Dolores Meitín, na presentación do programa da feira CEDIDA

Haberá diferentes concursos gandeiros pola mañá e de marcha pola tarde, ademais de misa e música

18 ago 2025 . Actualizado a las 19:03 h.

Gandeiros, criadores e entusiastas do sector gandeiro terán este domingo, 24 de agosto, unha cita na Feira de Gando do San Bartolo, en Xove. Celebraráse na parroquia de San Isidoro do Monte e haberá concursos gandeiros pola mañá (maior número de reses cabalares e maior número de reses de gando vacún) e de marcha pola tarde. Os organizadores piden a todos os participantes que acudan á feira que sexan responsables cos animais que presenten. 

A feira dará comezo ás 10.00 horas coa recepción do gando. Ás 11.00 horas haberá unha misa, e a sesión vermú con animación musical dará comezo ás 13.30 horas. Ás 17.30 horas, verbena con animación musical. 

Na presentación do programa participaron membros da directiva da Comunidade de Montes Costa de Laxamoura, como organizadora da mesma (Antonio Paleo, Miguel Otero e Antonio Liborio), acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura e Gandeiría, María Dolores Meitín. A organización convida a todos os interesados no sector gandeiro a unirse á feira e pasar unha xornada entretida con moito gando e moita música en Penas Agudas (Monte-Xove).