![Rapa das Bestas de Neipín, A Pontenova](https://img.lavdg.com/sc/VEPtP0Mct-B5rEhLMPuorskWzb8=/480x/2024/07/20/00121721497861929223101/Foto/X_20240720_181544000.jpg)
Máis dunha vintena de aloitadoras e aloitadores colaboraron nas tarefas de rapa e marcado de cabalos e eguas
21 jul 2024 . Actualizado a las 11:19 h.A Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, estreouse onte da man da asociación Equus Norte e coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Máis dunha vintena de aloitadoras e aloitadores colaboraron nas tarefas de rapa e marcado de cabalos e eguas. A actividade mantívose ao longo da xornada cun xantar, animación musical e un espectáculo de doma.
O deputado de Medio Rural, Daniel García, felicitouse «polo nacemento da terceira rapa da Mariña, para impulsar o recoñecemento social da gandeiría e especialmente da cría en extensivo, na conservación do territorio e da vida no rural».
![O deputado de Medio Rural, Daniel García, e o alcalde, Darío Campos, na cita](https://img.lavdg.com/sc/CJkGQc-94d3VqsuAnFePORvZQwc=/480x/2024/07/20/00121721497862181381902/Foto/X_20240720_181555000.jpg)
A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación fixo unha achega para a instalación do curro. Tamén colabora na financiación da degustación da carne de poldro de pura raza galega que se realizou o venres nos locais da vila da man de Puraga.