A Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, suma mocidade na súa segunda edición

La Voz

A PONTENOVA

Aloitadora rapando
Aloitadora rapando CEDIDA

Unha vintena de aloitadores participaron este sábado no ritual gandeiro

20 jul 2025 . Actualizado a las 11:08 h.

Unha vintena de aloitadores participaron este sábado na segunda edición da Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova. Organizou a actividade a Asociación Equus Norte co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Os centos de persoas que se achegaron ao curro da Cruz do Couso desfrutaron de novo deste ritual vinculado á cría de cabalos de monte, e tamén dunha degustación de carne de poldro de Pura Raza Galega.

García, cos aloitadores
García, cos aloitadores

O deputado de Medio Rural, Daniel García, salientou «a presenza de mocidade» nesta tradición, como «mostra de vitalidade» da mesma.