Grupos de Ferreira, Lourenzá e Burela actuarán este domingo no festival infantil de Ledicia en Burela

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

<span lang= gl >Rocío Rivera, presidenta de Ledicia de Burela</span>
Rocío Rivera, presidenta de Ledicia de Burela PEPA LOSADA

A cita dará comezo ás 18.00 horas no auditorio da Casa da Cultura e a entrada será de balde

29 mar 2025 . Actualizado a las 15:23 h.

A Sociedade Cultural Ledicia de Burela organizará este domingo pola tarde, a partir das 18.00 horas, un Festival infantil de baile e música tradicional que se desenvolverá no auditorio da Casa da Cultura do municipio. A entrada será de balde para todas as persoas asistentes, convertendo o evento nunha oportunidade moi boa para gozar da cultura popular galega.

Na cita lúdica actuarán formacións infantís de recoñecidos grupos tradicionais da Mariña lucense: a Asociación Cultural Amado Lar, de Ferreira do Valadouro; a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá; e a propia Sociedade Cultural Ledicia.