O grupo de rock en galego Cova do Can dará un concerto este venres, 1 de agosto, en Burela
BURELA / LA VOZ
BURELA

A actuación dará comezo ás 21.00 horas no restaurante A'Mares dentro do ciclo Verán Bonito en Burela
30 jul 2025 . Actualizado a las 11:20 h.O grupo de rock Cova do Can, que interpreta versións «cañeiras», a maior parte en galego, actuará este venres, 1 de agosto, en Burela. O concerto dará comezo ás 21.00 horas e terá lugar no restaurante A'Mares, dentro do ciclo Verán Bonito en Burela, de música en vivo ó aire libre en colaboración coa hostalería. Integran a formación Mario Arranz, Jony Insua, Guillermo González, Emilio Rubiños e Carmela López. A continuación haberá unha cea temática sobre rock na que sonarán de fondo temas roqueiros. Os tiques custarán 28 euros e o menú consistirá en salpicón de bonito e carrilleiras estofadas ou cachopo, ademais de bebida, postre, café e chupito.