![](https://img.lavdg.com/sc/NVv2Q7TOSMk0kbCN4wXNYhkqvZk=/480x/2022/05/09/00121652088482447587202/Foto/X16M2001.jpg)
A partir das 20.30 horas na Casa da Cultura, repartindo 6.000 euros en total
09 may 2022 . Actualizado a las 11:30 h.AciaFozCCA entregará os 15 soldos da campaña dos días do Pai e da Nai hoxe ás 20.30 horas na Casa da Cultura. Son en total 6.000 euros para consumir de xuño a novembro. Tamén recibirán os seus galardóns os gañadores da XVIII Ruta de Tapas, que se celebrou a pasada Semana Santa. Ao acto asistirán o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, o xefe territorial de Economía, Gustavo Casasola, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.