En Foz proxectarase este venres o documental sobre a marcha contra a central nuclear en Xove

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

Cedida

O acto será este venres no Cenima, ás 20 horas

04 oct 2023 . Actualizado a las 17:07 h.

A Vicepresidencia da Deputación, a Asociación de Prensa de Lugo e o xornalista Pedro Lechuga presentaron o documental «Xove, Democracia Nuclear», referente á mobilización social contra o proxecto de construción dunha central nuclear en Regodela.

O Cenima de Foz acollerá este venres (20 horas) a primeira proxección da man de A Pomba do Arco. Na comarca, seguiranlle as proxeccións en Burela, o 21 de octubre; en San Cibrao, o 28; en Ferreira e Barreiros, o 25 de novembro; en Xove, o 1 de decembro; no Vicedo, o 16 de decembro; así como en Ribadeo, coa data por concretar.

O documental, que forma parte do proxecto a nivel estatal «Democracia Nuclear», recolle testemuñas das historias vividas na Mariña despois de que en novembro de 1973 se fixera público, a través dos medios de comunicación, o proxecto de construción da nuclear. Inclúe a versión de 15 persoas.

O director, Pedro Lechuga, destacou a importancia do proxecto «xa que o que non podemos permitirnos como sociedade é perder os testemuños das persoas que protagonizaron parte da historia».