![José Manuel Balseiro (PP), xurando o cargo como senador](https://img.lavdg.com/sc/IN3ymuwbF9LCItQ4U0JPu3yzpqo=/480x/2024/04/25/00121714040401476396438/Foto/X_20240424_193452000.jpg)
O mariñao substitúe nesta condición á actual conselleira do Medio Rural, María José Gómez, que renunciou por incompatibilidade coa súa nova responsabilidade
25 abr 2024 . Actualizado a las 13:00 h.José Manuel Balseiro tomou posesión o pasado mércores, durante o Pleno, do seu cargo como senador de España. Substitúe nesta condición á actual conselleira do Medio Rural, María José Gómez, que renunciou por incompatibilidade coa súa nova responsabilidade.
Balseiro naceu no Valadouro en 1962 e reside desde hai anos na localidade cervense de San Cibrao. Compaxina a función de senador coa súa condición de concelleiro do grupo municipal popular no Concello de Cervo e de coordinador xeral e portavoz do PP na provincia de Lugo.
Estivo ata agora na mesa do Parlamento galego onde foi portavoz de Pesca.