Viveiro e Ourol presentaron a primeira etapa do Camiño Nordés, que terá lugar este domingo

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

OUROL

Xaime Ramallal

Os alcaldes Mariña Gueimunde e José Luis Pajón participaron na presentación da cita, que partirá da explanada de Verxeles ás 10.15 en dirección a Ourol, 16 kilómetros a pé

22 mar 2025 . Actualizado a las 13:39 h.

A Casa do Concello de Viveiro acolleu este venres a presentación do primeiro tramo do Camiño Nordés a Santiago de Compostela (Viveiro-Vilalba), que se desenvolverá este domingo, 23 de marzo, e que discorrerá entre Viveiro e Ourol. A cita será aberta ó publico e partirá ás 10.15 horas da explanada de Verxeles. Cubrirá unha distancia de 16 quilómetros e rematará diante da Casa do Concello ourolense logo de transitar pola beira do río Landro cara a Portochao, Galdo, Magazos, Landrove (atravesará a Ponte Vella), As Toxeiras ou A Arredoada. Participaron na presentación a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, e o alcalde de Ourol, José Luis Pajón, ademais de Antonio Pereiras, promotor da recuperación do Camiño Nordés ou Ángel Trabada, presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Provincia de Lugo.

Visibilizar a ruta

Todos coincidiron en que se trata dos primeiros pasos de cara á visibilización dun camiño a Compostela que moita xente descoñece, pero do que existe diversa documentación histórica, e que podería dar pé no futuro á súa oficialización como ruta xacobea se máis peregrinos se animan a transitar por el.