Ano II da era Vega: mentiras e desculpas de mal pagador

PABLO VIZOSO GALDO

RIBADEO

PEPA LOSADA

02 ago 2025 . Actualizado a las 13:04 h.

Dous anos; ese é o tempo que leva o goberno do PP no Concello de Ribadeo. E xa desde o primeiro minuto (incluso antes) se puido ver que prefiren facer declaracións grandilocuentes en vez do traballo real. Proclamas tan pomposas, tan fantasiosas e ostentosas como baleiras de contido. Elefantiásicas, dirían eles. Que si un Plan Director por aquí, que si un Programa de Acción por alí, que si transformar o Cantón nunha Gran Praza “Panorámica”...

A verdade é que xa non nos causan sorpresa con esta estratexia de aparentar que fan cousas para ocultar a súa falta de proxecto e a pésima xestión destes dous anos. Eran os que berraban que Ribadeo "huele mal” e agora condénannos a un abanico de fragancias insoportables en moitas rúas da vila, con contedores que levan meses sen lavar, como levan semanas varias parroquias sen recollida de cartón ou con pistas e camiños sen desbrozar.

Nestes dous anos tamén se foron instalando na mentira cada vez máis grande. E tampouco nos sorprende porque é o que mellor saben facer. Lembren vostedes que son dos que falsean os seus curriculums “y a mucha honra”.

Persoalmente poido comprender que non lles gusten as publicacións que desde a oposición facemos sobre o despilfarro ou a débeda acumulada no último ano en facturas sen pagar e que se aproxima a 1.000.000 €. Pero todo o mundo sabe xa que non se trata dunha invención nosa; non é que o diga eu ou o BNG de Ribadeo, non. É que o dice a Interventora Municipal en varios dos seus informes de control nos que, ademais, advirte a este goberno do PP que as cousas non van ben: que este ritmo de gasto sen xeito sitúa ao Concello nunha posición moi complicada para poder seguir atendendo os pagos e realizando as súas funcións básicas.

Dito doutro xeito, si te dedicas a tirar os cartos, a queimar máis de 1.600.000 € dos aforros do Concello do exercicio 2022 conseguidos grazas á xestión do goberno anterior do BNG; si deixas de pagar case 1.000.000 € en facturas porque prefires dedicalos a outras cousas máis ociosas, si te advirten de todo esto e prefires seguir gastando sen control será problema teu e non da oposición, verdade? Ou é que pensan que somos parvos?

Pero de responsabilidades non entenden; en vez de intentar explicalo (recoñezo que resulta difícil dar unha explicación a tanto despilfarro) prefiren agrandar a mentira e afirmar que tiveron que facer frente a non sei cantas facturas do BNG.

Pero... si durante máis dun ano non se dedicaron máis que a inaugurar obras e proxectos do goberno anterior. Non lles gustou pinta; pero aí está a diferencia. Antes tiñamos un goberno que programaba a súa acción de transformación de Ribadeo con proxectos que ían máis aló do seu tempo de mandato aproveitando tódolos recursos ao seu alcance (orzamentos, remanentes e convenios con outras administracións). Agora temos un goberno que se cega en malgastar e que prefire instalarse no engano e na mentira. Prefiren queimar máis de 260.000 € en propaganda e publicidade ou 30.000 € en suculentas “paparotas” e “gastos de protocolo” mentres se perden subvencións por que o Concello non poder aportar a súa parte de fondos propios.

Por qué motivo afirman que tiveron que pagar as facturas das luces de Nadal do 2022-23 cando saben que foron presentadas en febreiro do 23 e pagadas en maio dese mesmo ano? É decir, no mandato do BNG e antes de que chegaran eles ao goberno. Por qué afirman que tiveron que pagar 50.000 € das obras do hangar de piragüismo cando foi a Deputación de Lugo, concretamente a Vicepresidencia de Deportes, (área xestionada polo BNG) a que correu co custe do 98% desas obras que, por certo, ascenderon a 75.000 € (non a 50.000 €)? Non será que non teñen nin idea de xestionar un Concello e por eso recorren á mentira e ao teatro?

Sr. Vega: parece que vostede non se acorda que é alcalde desde o 17 de xuño do 2023. Presente a documentación de todo o que afirma e revise o Balance de Situación do ano 2022 que vostede mesmo asinou o día 15/07/2023. Todo canto nós fixemos tiña saldo suficiente e partida orzamentaria correctamente consignada. Precisamente por eso se podían pagar facturas, e sen retrasos.

Dous anos dan para moito... que pena que os apedren desta maneira.

Pablo Vizoso Galdo. Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de Ribadeo.