Trabada completa o seu complexo deportivo cun circuíto de pump track

La Voz

TRABADA

Obras para un pump track en Trabada
Obras para un pump track en Trabada CEDIDA

Comezaron as obras deste espazo, que custará algo máis de 50.000 euros e que está deseñado para a práctica de bicicletas, patíns, monopatíns e outros vehículos sen motor

08 jul 2025 . Actualizado a las 21:03 h.

O Concello de Trabada iniciou as obras de construción dun novo circuíto de pump track no complexo deportivo municipal. O proxecto execútase grazas a un convenio coa Deputación de Lugo, e o investimento total supera os 50.000 euros.

«O novo pump track —un espazo especialmente deseñado para a práctica de bicicletas, patíns, monopatíns e outros vehículos sen motor— suporá un novo atractivo dentro do complexo, ofrecendo unha infraestrutura adaptada a diferentes idades e niveis de experiencia», expón o goberno municipal nun comunicado.

O alcalde, Rubén García, explica que con esta actuación «continuamos ampliando a oferta deportiva» nun complexo deportivo de Trabada «no que xa se construíron unha pista de pádel, unha pista multideporte, un campo de bolos tradicionais, unha tirolina infantil e, recentemente, instalouse tamén un novo tobogán para os nenos e nenas».