Sementeira organizou en Viveiro unha andaina pola ruta dos Muíños para recoller as herbas de San Xoán

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

<span lang= gl >No roteiro combinouse a actividade física coas explicacións sobre a natureza, a sociedade, a cultura e mesmo a economía do Viveiro tradicional</span>
No roteiro combinouse a actividade física coas explicacións sobre a natureza, a sociedade, a cultura e mesmo a economía do Viveiro tradicional CEDIDA

Foi guiada por Lucas Requejo, de Prato-Do

23 jun 2024 . Actualizado a las 12:13 h.

Poñer en valor e recordar algunhas das tradicións máis arraigadas da Galicia tradicional foi o obxectivo do roteiro para recoller as herbas de San Xoán que este sábado organizou o colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro, que abriu unha nova etapa hai uns meses da man dun grupo de rapaces novos e a música Xiana Naval Chaves como presidenta. A andaina, duns seis quilómetros, partiu da Praza Maior e percorreu o paseo de Portochao e a ruta dos Muíños, en paralelo ó río que baixa de Fontecova. Foi guiada por Lucas Requejo, da iniciativa Prato-Do. Os participantes descubriron e compartiron as propiedades naturais e mesmo case máxicas de prantas como o fiuncho, o felgo (fento), a malva, o romeu, a herbaluisa, a xesta ou o hipérico, entre outras, coas que se confeccionan os ramos e se preparan as aguas do San Xoán. Tamén se reflexionou sobre como as plantacións de eucalipto rematan coa biodiversidade.