24 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Desde que era unha nena, Adela Leiro disfruta paseando polo entorno do Sarrido. Alí ía coas amigos e tamén de paseo coas súas irmás. «É o sitio perfecto para ir nos días de festa e librarse dos atascos», asegura. Por esa zona pode percorrer entre sete ou oito quilómetros camiñando, «seguindo o río ata a Toxa pequena ou pola ruta das mariscadoras, que é un camiño moi trillado», explica. Nestes paseos «podes ver aves ou disfrutar do traballo das mariscadoras ». A súa pena é que a zona empeorou dende que se puxo en marcha o encoro de Caldas. «Agora hai máis zona de fango. Antes a area estaba moito máis limpa», lembra.