Raúl Bouzas recolle hoxe en Vigo o premio ao mellor deportista galego revelación

La Voz

AROUSA

22 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A Gala do Deporte Galego celébrase esta tarde no Teatro García Barbón de Vigo con protagonismo vilagarcián. Nun acto presidido polo xefe do executivo autonómico, Alberto Núñez Fejioo, o taekuondista do ximnasio Olimpic Raúl Bouzas recollerá o galardón que o recoñece como o mellor deportista galego revelación do 2009.

A Xunta, promotora da Gala do Deporte Galego, escolleu a Bouzas polo seu título de primer campión de Europa Sub 21 da historia no seu peso, nunha cita disputada o pasado ano en Vigo na estrea da categoría no calendario continental.

Ademais de Raúl Bouzas, na Gala do Deporte Galego entregaránse outros quince premios e tres mencións especiais. O kaiaquista Carlos Pérez Rial, Perucho , será recoñecido como mellor deportista masculino polos seus éxitos internacionais nunha tempada na que defendeu a camisola do Náutico O Muíño. A xogadora de balonmán Begoña Fernández foi, pola súa banda, a elixida como mellor deportista feminina.