O Concello patrocina a estrea do documental «Mar de pedra» en Cambados

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

03 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Concello de Cambados vai patrocinar a estrea do documental Mar de pedra, que se celebrará a finais de mes no audotorio da Xuventude, e que está centrado na traxectoria vital e artística do escultor cambadés Manolo Paz.

Dirixido por Manu Paz e Jacobo Sanmartín, o documental ten unha duración de arredor de setenta minutos e a intención dos seus promotores e que se distribúan mil copias do traballo.

Logo desta primeira sesión na terra natal do artista, o documental vai ser proxectado en diversos festivais de cine nacionais e internacionais. No Playdoc de Tui, onde comenzou a súa andaina polas pantallas, foi seleccionado para a competición oficial, e a próxima semana vai estar presente no Festival Internacional de Cine de Ourense. Posteriormente viaxará aos certames internacionais de Pamplona e París.

Tres anos de traballo

A rodaxe deste traballo prolongouse durante tres anos, do 2007 ao 2010. O documental fai un seguemento do proceso escultórico de Manolo Paz dende a canteira ata unha galería de arte de Compostela. Os realizadores observaron todo o proceso creativo e escultórico do artista, que dialoga coa pedra e viceversa. Tamén se descobre a súa traxectoria vital por medio dos seus familiares, amigos e críticos, con máis de trinte entrevistas.

É de salientar tamén o traballo de David Hernández e Alex Penabade no tratamento fotográfico.