Sete cambadeses e Marcos Sanmartín, do Ribadumia, opcións arousás

La Voz

AROUSA

07 ene 2011 . Actualizado a las 02:00 h.

A comarca contará coa súa propia representación entre os 325 participantes do Intersector Estatal de Fexdega. Unha representación que curiosamente non contempla nin un só xogador do club anfitrión, o Liceo Casino, que dispoñía da opción de José Luis Recuna na categoría de veteráns ata que unha inoportuna lesión o deixou fóra da inscrición da cita vilagarciá.

Sen Recuna, serán oito os xogadores arousás no Intersector. Todos eles, agás o xuvenil Marcos Sanmartín, do equipo de tenis de mesa Ribadumia, defenderán as cores do club de referencia na comarca, o Cambados T.M.

Desde a vila do albariño buscarán a clasificación para o Campionato Estatal de Categorías Mariña Chaves, en benxamín feminina, Paula Padín e Andrea Chaves, en alevín feminina, Raquel Martínez en infantil feminina, Martín Regueiro en infantil masculina, Fernando Padín en xuvenil masculina, e Adrián Vidal en sub 23 masculina. Paula Padín afronta o Intersector Estatal tan só dúas semanas despois de participar nunha concentración nacional da súa categoría no Centro de Alto Rendemento de Los Alcáceres, Murcia.