A Fegapi premia o catoirense coma mellor club galego do 2010

La Voz

AROUSA

05 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A xunta directiva da Federación Galega de Piragüismo (Fegapi) acordou a finais de marzo a concesión dos seus premios aos mellores da tempada 2010. E o As Torres-Romaría Vikinga foi elixido coma mellor club na súa condición de campión da Liga Xunta. Un trofeo que recoñece o club máis regular nunha clasificación combinada das copas galegas de pista, de ríos e de promoción.

Ademais do galardón ao mellor club, entre os premiados pola Fegapi figuran Carlos Pérez, Perucho, e Teresa Portela como mellores deportistas masculino e feminino, con sendos accésits para Mario Fontán e para Antía Loira, por ser os primeiros padexeiros galegos en acudir a un mundial de eslalon. Gabriel Pavón e Tania Fernández son recoñecidos coma mellores promesas.