O Arousana perdoa e encadea o seu segundo empate

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Belén, de disparo cruzado, e Míriam Señoráns, na execución dunha falta, puxeron o encontro en franquicia

17 nov 2020 . Actualizado a las 08:57 h.

Mal negocio ese de perdoarlle a vida no fútbol a un rival que tes contra as cordas. No caso do Atlético Arousana, esa política custoulle o domingo dous puntos na súa visita ao Valladares. Un equipo ao que derrotaba 0-2 no descanso e que saíu vivo dun acoso sen conquista, con 2-2 como resultado final.

Belén, de disparo cruzado, e Míriam Señoráns, na execución dunha falta, puxeron o encontro en franquicia para o Atlético Arousana nos minutos 24 e 39. O Valladares recortou nos primeiros compases da reanudación nunha acción de córner, e resistiu ante as innumerables ocasións manifestas de gol das de Nando ata poder explotar a súa oportunidade para salvar un punto, no derradeiro minuto de partido nunha falta lateral.

?

Antía, Belén (María Fernández, min 61), Vanessa, Yasmín, Nuria, Nerea, María Vila (Sara, min 61), María da Vila (Yolanda, min 84), Itziar, Mónica (Nuria Otero, min 70) e Raquel.

 Yei, Carla Falcón, Caro, Bárbara Sierra (Nerea, min 54), Diana (Melanie, min 82), Míriam Señoráns, Míriam Ríos, Ana, Belén, Adriana (Eva, min 74) e Bárbara (María Arufe, min 54). 

GOLES: 0-1, min 24: Belén. 0-2, min 39: Míriam Señoráns. 1-2, min 53: Nerea. 2-2, min 89: María da Vila.

ÁRBITRO: Antonio Domínguez González. Amonestou as xogadoras locais María da Vila e Belén, e as visitantes Míriam Señoráns e Belén.