O seu ata agora segundo, Nando González, substituiráo esta semana mentres o club lle busca un relevo
21 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.A directiva do Atlético Arousana comunicaba onte a súa decisión de destituír o rianxeiro Moncho Roldeiro coma adestrador do seu primeiro equipo. «Os resultados e a dinámica dos últimos partidos fixo que se tivera que tomar esta decisión», argumentan os responsables do club vilagarcián, penúltimo clasificado no subgrupo 1A da Primera Nacional do fútbol feminino.
O Arousana agradeceulle a Roldeiro o seu traballo e compromiso co equipo. O seu segundo, Nando González, dirixiráo á espera de substituto.