Arousana e Umia suman e seguen na carreira pola permanencia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Os resultados acompañan aos equipos femininos da bisbarra

27 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A fase de permanencia na Primera Nacional Femenina estálles sentando de marabilla aos dous conxuntos arousáns na que segue a ser a terceira categoría feminina española ata este verán. Logo das catro primeiras xornadas, o Umia continúa invicto, encadeando tres triunfos tras o seu empate inicial, mentres o seu veciño vilagarcián, o Atlético Arousana, sumou 9 dos 12 puntos en xogo.

O Umia abría unha nova fin de semana de grandes novas o sábado coa súa goleada, 3-0, ao Castro cántabro. Nati, no minuto 28, subía o 1-0 na Bouza e Carla Piñeiro ampliaba a vantaxe local no inicio da segunda parte, no minuto 55, para ver como Antía redondeaba a faena no 90.

Un día despois, no campo da Lomba, o Atlético Arousana puxo terra de por medio co Oceja con dous tantos de Belén e de Sara García nos minutos 4 e 5, consolidados pola propia Belén no 39. O Oceja recortou da man de Sofía no 52, pero o cadro vilagarcián soubo defender a súa renda, superando así o seu rival na clasificación escalando á oitava praza con 16 puntos; a 4 dun Sp. Gijón B sexto cun partido menos nun posto que pode rematar dando a permanencia. O Umia é quinto con 27 puntos.