Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Sigaltec CLB xogará por volver máis dunha década despois á EBA

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A vitoria da fin de semana ábrelle o dereito a disputar unha das dúas semifinais

20 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A vitoria o pasado sábado, 54-46, sobre o Baloncesto Narón aseguroulle ao Sigaltec CLB o segundo posto do seu grupo e o dereito a disputar unha das dúas semifinais nas que se decidirán o par de prazas de ascenso galegas á EBA. Unha semifinal que previsiblemente se xogará a vindeira semana, tras completar na presente -o Sigaltec, na cancha do Narón- a segunda fase dunha atípica Liga de Primeira División Autonómica masculina.

Así, coa intención de protexer os equipos participantes fronte a posibles contaxios de covid-19 entre eles, a Federación Galega de Baloncesto dividiu as tradicionais dúas conferencias da categoría de oito equipos cada unha, norte e sur, en catro. Pero o temor á pandemia reduciu a participación a tan só dez equipos, o que unido aos paróns polas diferentes vagadas da pandemia levou a unha competición iniciada en novembro ata agora, co CLB xogando tan só unha ducia de partidos.

A falta do seu derradeiro encontro da fase de clasificación, o cadro vilagarcián xa sabe que o seu rival polo ascenso será o Marín PeixeGalego. Sobre a mesa, a primeira oportunidade do sucesor do BBC de volver á cuarta categoría do baloncesto nacional español, da que se despediu ao termo da campaña 2008/09 renunciando á súa praza por falta dun patrocinador.