Rogelio Santos: «A sostibilidade está de moda, pero debemos facela parte do noso día a día»
AROUSA

Os seus vídeos arrasan nas redes sociais e hoxe ven dar unha charla ao Náutico de San Vicente
07 ago 2022 . Actualizado a las 11:32 h.Quen coñeza a Rogelio Santos Queiruga coincidirá en que pódese ser mariñeiro, de xeito sostible, e contalo bonito. Tanto que ao escoitalo a unha éntranlle ganas de saber máis da profesión, de subirse a un barco e observar a beleza de lumbrigantes e raias de preto. Ese discurso, de amor polo oficio foi o que o que o converteu en influencer, unha verba, que por certo non lle gustaba. Entrou nas redes sociais para falar do que lle gusta, o mar. E do seu traballo. A súa maneira de comunicalo gustou tanto que ten máis de 15.000 seguidores en Instagram, outros tanto en Twitter, e tamén por Facebook. Móvese como peixe na auga, que semella curioso. Pero fuxe dos likes. Hoxe acude ao Club Náutico de San Vicente para debater co público sobre sostibilidade, nun momento no que coidar o medio se fai máis preciso ca nunca.
-Ven ao Club Náutico hoxe a falar de sostibilidade. ¿Qué é o que vai contar?
-Parece que a sostibilidade está de moda, pero debemos facela parte do día a día, dos nosos hábitos e das nosas costumes, porque non pode ser un mero negocio, xa que está relacionado con noso benestar e co noso futuro. E aí pesa moito a responsabilidade individual. Non pensamos en como a nosa maneira de actuar afecta ao medio ambiente e ao medio mariño, do cal despois tamén vivimos e, comemos claro. A veces escoito, os mariñeiros acaban con todo, e me parece moi triste esa forma de falar que non aporta nada. Porque a verdade é que Galicia é exemplar en canto a normas que intentan protexer os recursos mariños e que teñen que ver coa sostibilidade, que van máis alá do que eu amoso normalmente nos meus vídeos. Pertenzo á xeración de mariñeiros da historia que máis normas ten que cumprir, e cumpre, con respecto a sostibilidade.
-Moitos dos residuos mariños que se recollen pertencen a restos de artes de pesca, é unha afirmación moi extendida … que hai de certo niso?
-Pasa, pero non tanto, porque Galicia ten unhas das augas máis limpas do mundo. Pero non só contaminan os mariñeiros, senón tamén a xente en terra, os productos praguicidas que se botan nos campos, etc. A nosa orografía é así, e eses residuos todos van parar ao mar. Eu o que vexo é moito respeto entre os mariñeiros co medio, recóllese a basura e o que se topa no mar. Non digo que a pesca non teña ningún impacto, pero respetando as normas, pode ser sostible e reducir ao mínimo o impacto negativo. Eu lembro hai moitos anos cando se botaba basura pola borda e aceites, pero hoxe sería impensable. Polo tanto avanzamos neste senso.Os mariñeiros debemos esmerarnos en ser exemplares. Non podemos pretender que o resto da sociedade coide do mar se nós non o facemos. Esa é a mensaxe que hai que lanzar.
-O máis habitual nas túas redes sociais é ver como devolves os peixes ao mar… ¿Comeza a cundir o exemplo?
-Xa non é que se devolvan os exemplares, senón que se ten máis respeto polas normas. E cada vez as prácticas de pesca son máis selectivas. Hai moita vixiancia e, eu alabo esa laboura, porque nos restrinxe a nós os mariñeiros, de que cousas que non debemos facer. E hai que darse conta de que non é parvo o que devolve o exemplar ao mar cando está en veda, ou non da a talla, senón o que pensa que por saltarse as normas mañán vai haber máis peixe no mar. Eu intento animar aos compañeiros a que non fagan esas prácticas, porque estamos tirando pedras contra o noso traballo. E é pan para hoxe e fame para mañán. E disto vive moitísima xente. Pescar dunha maneira responsable é un asunto moi serio. E non se soluciona criminalizando a pesca recreativa, nin eles culpando aos mariñeiros, cando ademáis ambas actividades son moi bonitas e positivas.
-¿En que momento quixo meterse tan a fondo nas redes sociais e facerse influencer?
-Empecei a grabar vídeos do meu traballo, e un día un deles se fixo viral. O certo é que o compartiu un veciño de O Grove, e a partir de aí se me dispararon os seguidores. Teño que decir que nunca me gustou a palabra influencer, posto que sempre a relacionaba con algo negativo. E ademáis hoxe en día é famoso calqueira. E lle tiña manía. Non me gustaba nada que me chamaran así, pero agora intento utilizalo ao meu favor, e usalo en positivo. E creo que necesitamos que cunda o bo exemplo, porque lle temos que dar prestixio ao noso traballo. Así que quixen abrir unha fiestra ao mar para que a xente vexa o que eu vexo. Nunca busquei fama, nin likes. De feito non planifico nada.